mércores, 26 de outubro de 2022

CELEBRANDO O SAMAÍN



Outra das celebracións que retomamos no cole foi a festa do SAMAÍN.
 
Todos os anos o plantexamos como unha actividade colexial no que mezclamos a todas as etapas educativas dende infantil ata bacharelato.
 
Nós comezamos a semana decorando o noso mural de outono/Samaín e tamén participando no concurso de cabazas.

A celebración desta festa facémola hoxe mércores, por ser o único día en que todo o alumnado do centro coincidimos pola tarde.
 
Os nenos e nenas de bacharelato viñeron a buscarnos ao patio para levarnos as súas clases, alí interpretaron un conto para nós e para os nenos e nenas de 6º de primaria.
Cando remataron, axudaronnos a decorar o noso bric para as castañas.
 
Estiveron moi pendentes de nós en todo momento. Estaban encantados.
 
O último momento da tarde foi compartir as castañas.
Foi unha tarde moi especial e divertida.
 
Ahí vos deixamos o vídeo.




 
 
 
 FELIZ SAMAÍN

 


venres, 21 de outubro de 2022

SESIONS DE PSICO/MELLORES DA SEMANA

 Dende o comezo deste mes de outubro, todas as mañás, agás os venres, adicamos un tempo a música e movemento.

No patio de psico estamos descubrindo os distintos materiais, xogos e cancións do noso cole.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas 

SESIÓNS DE PSICO


Aproveitamos para felicitar a CAYETANA e MATEO 
que foron os mellores desta semana
Lembrade que durante todo este mes adicámolo a 
COIDAR ÁS PERSOAS


¡NORABOA!


venres, 14 de outubro de 2022

RECREOS DE CONVIVENCIA/MELLORES DA SEMANA





 Outro dos proxectos que temos como etapa son os recreos de convivencia.  

Este ano retomamos o bo costume de conpartir xogos cos e coas compis de todo infantil. 

Dous venres ao mes propoñemos un xogo. Hoxe foi...

O CORRO DA PATACA




E continuando co valor do mes: COIDAMOS DAS PERSOAS... felicitamos aos e as mellores desta semana


¡¡¡NORABOA!!!

xoves, 6 de outubro de 2022

9 MESES 9 VALORES

 Presentámosvos o proxecto colexial da etapa de infantil: 9 MESES 9 VALORES. 

En setembo comezamos coa BENVIDA e agora é o turno do mes de outubro adicado a 

COIDAR ÁS PERSOAS


Dentro deste proxecto atópase O/A MELLOR DA SEMANA

Tendo en conta o valor do mes, cada semana as profes decidimos quen é merecedor ou 

merecedora do selo de SER O/A MELLOR da clase en representar o valor.

Para iso fixámonos en como tratamos ás persoas que nos rodean. 


Esta semana centrámonos nos e nas compis. 

¿Son capaz de solucionar os problemas falando?, ¿son agarimoso e agarimosa cos demáis?

Se alguén está triste, ¿pregúntolle qué lle pasa? 

Esta semana nas nosas clases o selo foi para:


¡¡VEGA E LUCA!!
NORABOA

luns, 3 de outubro de 2022

OS MAIORES DANNOS A BENVIDA

 


  Despois dos primeiros días de adaptación, pouco a pouco estamos coñecendo o resto do cole e ás profes e os compis de 4 e 5 

De entrar e ir directamente ás nosas clases, pasamos a subir un piso máis para compartir os Bos Días cos e coas nosas compis maiores.

Elas e eles decidiron darnos a benvida dunha maneira moi especial. A parte de presentarnos o lema deste curso: ABRINDO CAMIÑOS, preparáronnos unha sorpresa.

Cando subimos do recreo atopamos un camiño de pegadas que levaba ao patio cuberto.

Ao ritmo da canción "Abriendo caminos", recibíronnos con moita ilusión e regaláronnos unha lupa moi chula coa nosa foto e o lema do cole.

Esta lupa quere simbolizar a ilusón, a curiosidade, o descubrimento...tantas e tantas cousas que imos facer nesta nova etapa que comezamos.

 


MOITAS GRAZAS AOS NOSOS E AS NOSAS COMPIS POR COIDARNOS TANTO

venres, 30 de setembro de 2022

CLASE DE INGLÉS





 Esta semana comezamos coas clases de inglés. As teachers, Merce e Alejandra presentaronnos a Frogy e unhas cantas canciones moi divertidas







 Todos os martes pola tarde estaran con nós para seguir aprendendo e xogando 

CUMPLES DE SETEMBRO

¡¡ FELICIDADES !!

      Este mes de Setembro felicitamos a Emma, Sofía e Martina que cumpliron os 3 aniños

                                      Emma con Juan Bosco celebrando o seu cumple nos bos días

              Sofía, aínda que os cumpliu cando non había cole, celebrouno cos seus compis no patio.