venres, 27 de outubro de 2023

???????????


Hai unha semana comezamos un novo proxecto. Coñecemos un novo amigo que axudaranos a vivir moitas aventuras. 

Queredes descubrir como se chama? 

Onde viviremos esas aventuras?

Os nen@s pódenvos axudar, preguntádelles.

Que levante a man quen o saiba☝😀

RECREO DE CONVIVENCIA. PATO-OCA

 Hoxe no recreo de convivencia xogamos a PATO-OCA


PASÁMOLO PIPA!!!

MELLORES DA SEMANA. COIDAR AOS DEMAIS

Estamos a piques de rematar o mes de outubro e os nen@s que mellor representaron o valor de coidar aos demais foron SOFIA E LOIS

NORABOA A TOD@S!!!!



mércores, 25 de outubro de 2023

CHEGOU O OUTONO!


Estamos a ser moi creativos e ao comezar o tempo de outono fixemos unha coroa que adorna a porta da clase, queda moi chuli. Cada nen@ en unha folla realizou grafismos creativos e despois coloreamos. 

Aquí tedes o resultado








Estamos a ver nas aulas as cores que invaden o bosque, parque en outono e o venres pasado visualizamos as setas, como son, a forma, as cores... e comprobamos que hai moitos tipos. 
A que fixemos xa a tedes na casa.
Compartimos o proceso









Quedaron moi xeitosas e pasámolo pipa!!