venres, 24 de novembro de 2023

SEMANA 20 N - DÍA MUNDIAL DA INFANCIA


Para celebrar o noso día dos dereitos e deberes, todos os nenos e nenas de infantil colaboramos na elaboración do noso mural, feito coas nosas mans, que poderedes ver desde a rúa.





Na aula 5ºB centrámonos no dereito de "Ser felices" e a obliga de "facer felices aos demais". 
Falamos de todas as cousas que fannos felices. O primeiro paso é un sorriso.



Na aula 5ºA falamos do "Dereito a divertirnos" e decidimos que onde mellor o pasamos é no parque, subindo, pero especialmente baixando polo tobogán. 


Como remate a esta semana especial realizamos un xogo de papel 

"Come cocos" co algún dos dereitos que traballamos nas aulas








Está a ser moi divertido!! 

Desfrutádeo!


RECREO DE CONVIVENCIA. POMBA BRANCA, POMBA NEGRA

Hoxe no recreo xogamos tod@s xuntos no patio a pomba branca, pomba negra.
Pasámolo pipa!

MELLORES DA SEMANA. COIDAMOS AS COUSAS

 Esta semana felicitamos a Sergio e Adriana 

por ser os mellores en representar o valor ao longo da semana


NORABOA A TOD@S!!!