venres, 29 de setembro de 2023

AS NOSAS VACACIÓNS

 


Ao longo destes días estivemos lembrando momentos vividos durante o verán.  

Os nen@s trouxeron á clase fotos das experiencias, viaxes e actividades que realizaron durante as vacacións.

Estivemos a falar das persoas que nos acompañaron nesas experiencias, os medios de transporte que utilizamos, os lugares que visitamos...

Puidemos comprobar que foi un verán xenial e que o pasastes fenomenal.

Todas estas fotos están nun mural para revivir estes grandes momentos.

Aquí deixámosvos como o vivimos na clase...

AS VACACIÓNS

Grazas por compartir!!!





CUMPLEAÑER@S SETEMBRO


Felicitamos a Sofía, Martina, Emma e Francisco 
que cumpriron 4 anos no mes de setembro👏👏