venres, 12 de xaneiro de 2024

Tarde de xogos compartidos


Por fin chegou o momento de compartir os xogos. 
Esta tarde disfrutamos dos agasallos dos ne@s que quixeron traer os seus xoguetes ao cole para compartir cos compis.

Aquí tedes un video TARDE XOGOS


Pasámolo xenial!!!

Moitas Grazas a tod@s









MELLORES DA SEMANA. ESTAR ALEGRES


ESTA SEMANA LEVAN O SELO POR ESTAR ALEGRES MATEO E MAURO☺☺

NORABOA A TOD@S!!!👏👏

luns, 8 de xaneiro de 2024

XANEIRO. ESTAMOS ALEGRES

 

OLA, OLA...Xa estamos de volta

Comezamos un novo ano...mes de xaneiro, neste mes o valor que estamos a traballar nos bos días é "Estar alegres". 

Temos moitos motivos para estar contentos, hoxe ao chegar ao cole de volta de vacacións, levamos unha gran sorpresa, os Reis Magos tamén pasaron polo cole e deixaronnos algunhas sorpresas...puxémonos moi contentos☺

.        




Este mes de xaneiro e especial nos coles Salesianos, 

temos moi presente a figura de Juan Bosco, 

remataremos o mes celebrando a súa festa o día 31👏👏 

Estades todos preparados para estar moi contentos?  A alegría é como os abrazos, hai que compartila para gozala.

Pois moito ánimo a tod@s!

Compartimos a canción que estamos a escoitar nos bos días ALEGRÍA CONTAGIA A LOS DEMÁS

Desexámosvos todo o mellor para este ano!!