sábado, 3 de febreiro de 2024

CUMPREANOS XANEIRO

 Felicitamos a Suri que cumpriu anos... ¡o mesmo día da festa de Juan Bosco!



PARABENS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

venres, 2 de febreiro de 2024

MADEMBA SOY YO


No proxecto do fondo do mar descubrimos, investigamos, estamos a aprender moitas cousas.
Compartimos o que fixemos...


Desfrutádeo!!!

Agora estamos de viaxe co Mademba no Polo Norte. 
Contaremos novas pronto😉


CHEGA O ENTROIDO

Atención, atención!!!
Imos quentando motores co noso amigo "MECO". Hoxe nos bos días compartiu a mensaxe cara o luns.
Que nadie se esqueza...

XOGO CONVIVENCIA. PASE MISI...

Hoxe xogamos tod@s xuntos a Pase misi..
Pasámolo pipa!

MELLORES DA SEMANA

Derradeiro selo do mes de xaneiro. Está semana os que souberon representar o valor de "estar alegres" foron Emma e Pablo.

NORABOA A TOD@S!!!!

mércores, 31 de xaneiro de 2024

VIVA JUAN BOSCO!!

Por fin chegou o día da Festa de Juan💗
 
Hoxe comezamos o dia coa celebración na igrexia, 
despois degustamos una merenda especial e con enerxías renovadas fomos a xogar. 
Os nen@s de Primaria  prepararon uns xogos moi divertidos para nós e os compañeir@s 
de 3 anos.

Pasámolo xenial!!!

E pola tarde a velada...a cantar e bailar a nosa canción👏👏
 
AQUÍ PODEDES COMPROBAR TODO O QUE FIXEMOS E O BEN QUE PASÁMOLO

GRAN DIA DE JUAN BOSCO, CHEO DE SORPRESAS E MOITA DIVERSIÓN


¡VIVA JUAN BOSCO!




martes, 30 de xaneiro de 2024

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Hoxe celebramos no colexio o DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, 
aproveitamos esta situación como unha oportunidade para pensar cal son os nosos desexos e soños para construir a PAZ.  
Pensamos valores, actitudes e xestos que melloran a convivencia e a xestión emocional dos nenos e nenas.

Así seguiremos transformando as expresións e as palabras negativas en termos positivos para mellorar a nosa maneira de relacionarnos cos demais.

Estos días estivemos a escribir os desexos e soños nunhas bandeiras, 

creamos a nosas bandeiras do Himalaya e as deixaremos colgadas no colexio para 

simbolizar que queremos a PAZ NO MUNDO











Podedes ver no patio as bandeiras colgadas, 
o vento fai ondear as teas e con isto simbolizar que queremos PAZ