venres, 22 de setembro de 2023

INAUGURACIÓN DO CURSO

Xa estamos aquí de novo!!!!! 

Benvid@s a este novo curso!

Primeiros días adaptándonos as novas rutinas, lembrando rutinas do ano pasado, cun novo compañeiro e nova profe...e así pouquiño a pouco comezamos este curso.

Despois destos primeiros días de posta a punto, hoxe levamos a cabo a "Inauguración do curso".

Un curso que vén cheo de novas aventuras para seguir medrando xunt@s. O lema deste curso convídanos a soñar...


                                                 Que soños temos para este curso? 

Os nosos son estes...


Hoxe celebramos de forma colexial a inauguración do curso e neste comezo, lembramos aos nosos compañeir@s de 3 anos que comezan o cole. 

Ao longo desta semana estivemos preparando un agasallo para darlles a benvida, fixemos un atrapasoños.

Según a tradición, os atrapasoños axudan a manter con nós os soños agradables, así como protexer a quen os posúe. 

Tamén estamos a preparar o noso. 

Mirade que chuli👏👏









                                             Hoxe foi un gran día!!! 😀

Pasámolo pipa!!!

Acompañádesnos nesta aventura....

FELIZ CURSO A TOD@S!!