xoves, 6 de outubro de 2022

9 MESES 9 VALORES

 Presentámosvos o proxecto colexial da etapa de infantil: 9 MESES 9 VALORES. 

En setembo comezamos coa BENVIDA e agora é o turno do mes de outubro adicado a 

COIDAR ÁS PERSOAS


Dentro deste proxecto atópase O/A MELLOR DA SEMANA

Tendo en conta o valor do mes, cada semana as profes decidimos quen é merecedor ou 

merecedora do selo de SER O/A MELLOR da clase en representar o valor.

Para iso fixámonos en como tratamos ás persoas que nos rodean. 


Esta semana centrámonos nos e nas compis. 

¿Son capaz de solucionar os problemas falando?, ¿son agarimoso e agarimosa cos demáis?

Se alguén está triste, ¿pregúntolle qué lle pasa? 

Esta semana nas nosas clases o selo foi para:


¡¡VEGA E LUCA!!
NORABOA

luns, 3 de outubro de 2022

OS MAIORES DANNOS A BENVIDA

 


  Despois dos primeiros días de adaptación, pouco a pouco estamos coñecendo o resto do cole e ás profes e os compis de 4 e 5 

De entrar e ir directamente ás nosas clases, pasamos a subir un piso máis para compartir os Bos Días cos e coas nosas compis maiores.

Elas e eles decidiron darnos a benvida dunha maneira moi especial. A parte de presentarnos o lema deste curso: ABRINDO CAMIÑOS, preparáronnos unha sorpresa.

Cando subimos do recreo atopamos un camiño de pegadas que levaba ao patio cuberto.

Ao ritmo da canción "Abriendo caminos", recibíronnos con moita ilusión e regaláronnos unha lupa moi chula coa nosa foto e o lema do cole.

Esta lupa quere simbolizar a ilusón, a curiosidade, o descubrimento...tantas e tantas cousas que imos facer nesta nova etapa que comezamos.

 


MOITAS GRAZAS AOS NOSOS E AS NOSAS COMPIS POR COIDARNOS TANTO