mércores, 26 de outubro de 2022

CELEBRANDO O SAMAÍN



Outra das celebracións que retomamos no cole foi a festa do SAMAÍN.
 
Todos os anos o plantexamos como unha actividade colexial no que mezclamos a todas as etapas educativas dende infantil ata bacharelato.
 
Nós comezamos a semana decorando o noso mural de outono/Samaín e tamén participando no concurso de cabazas.

A celebración desta festa facémola hoxe mércores, por ser o único día en que todo o alumnado do centro coincidimos pola tarde.
 
Os nenos e nenas de bacharelato viñeron a buscarnos ao patio para levarnos as súas clases, alí interpretaron un conto para nós e para os nenos e nenas de 6º de primaria.
Cando remataron, axudaronnos a decorar o noso bric para as castañas.
 
Estiveron moi pendentes de nós en todo momento. Estaban encantados.
 
O último momento da tarde foi compartir as castañas.
Foi unha tarde moi especial e divertida.
 
Ahí vos deixamos o vídeo.




 
 
 
 FELIZ SAMAÍN

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario