mércores, 6 de marzo de 2024

MADEMBA NO POLO NORTE


Acompañamos a MADEMBA na súa viaxe. 
Percorremos as augas xélidas do Polo Norte.
Investigamos onde está ubicado, como é o hábitat, animáis que viven nel...

Espertaron curiosidade os icebergs. Por este motivo, realizamos unha experiencia nas aulas, coa que descubrimos entre outras cousas o motivo polo que aquí, non poden desenvolverse. Outra experiencia que gustounos moito foi facer neve.

Para rematar está parte da viaxe, invitamos aos papis e mamis para que nos axudasen a facer os animáis do polo con material de refugallo, caixas de ovos e tubos de carton. Foron moitas as familias que quixeron pasar connosco un ratiño facendo está actividade.



 


Grazas pola vosa axuda e colaboración, sodes xeniais!!!

Grazas polas vosas aportacións contos, libros 
e debuxos de animáis para colorear e aprender co código QR💪

Compartimos as indicacións para facer os animais na casa ANIMAIS REFUGALLO 
e o proceso do que fixemos nesta aventura 

Desfrutadeo!!!





1 comentario: