Hoxe dentro dos venres creativos nos que experimentamos, realizamos unha actividade con acuarelas.
Fixemos un debuxo e escribimos unha mensaxe con ceras brancas nun papel.
Era todo tan branco que apenas podiamos distinguir nada no papel.
TOP SECRET😉
A continuación pintamos coas acuarelas e descubrimos coma auténticos detectives o que estaba oculto.
Pasámolo pipa, xogando a ser detectives!!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario