xoves, 23 de maio de 2024

DAMOS A BENVIDA A UN NOVO AMIGO

Hai uns días felicitamos a Isabella nos Bos días porque convertiuse en irmán maior.

Hoxe tivemos unha gran sorte, os pais de Isabella viñeron a presentar a Gabriele e contarnos cousas sobre el. Estivo dormido e comprobamos que é moi guapo 👏👏

Estábamos tod@s con moita ilusión e moi contentos esperando este gran momento. 
A expectación foi máxima.
Benvido Gabriele!!
Parabéns familia!!!
Moitas grazas por compartir este marabilloso acontecemento connosco.

Apertas

MELLORES DA SEMANA

Felicitamos a  Martina e Isabella  por ser as que mellor souberon poñer en práctica o valor de "Ser agarimos@s".
Veu visitarnos Irene e tamén levouno por ser agarimosa con tod@s.
NORABOA A TOD@S!!!👏👏

xoves, 16 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO


Esta semana fixemos diversas actividades para festexar o día das Letras Galegas e homenaxear a escritora Coruñesa, Luísa Villalta.


Colaboramos no mural conxunto con Primaria


E tamèn realizamos un puzzle, cada clase coloreou unha peza...e descubrimos a imaxe de Luísa Villalta. 

Aprendemos e descubrimos curiosidades da homenaxeada
Coñecemos cal è a bandeira de Galicia. O resultado xa o tedes na casa

Agora a disfrutar do día.
Feliz día das Letras!!!