xoves, 16 de maio de 2024

MELLORES DA SEMANA

Felicitamos a  Sofía e Adriana  que esta semana foron as mellores en ser agarimos@s

NORABOA A TOD@S!!!!

martes, 14 de maio de 2024

BOS DÍAS ESPECIAIS

Hoxe tivemos uns Bos días especiais. 

Recibimos a visita do capitán do Básquet Coruña, Alejandro Hérnández, papi dun compañeiro de 5 anos, Alex.




Que sorte, compartiu connosco este gran acontecemento.




Moitas grazas!!!

PARABÈNS!!!




 

venres, 10 de maio de 2024

MELLORES DA SEMANA

Seguimos traballando o valor de "Ser agarimos@s"

Estamos poñendo en practica xestos e palabras amables, sendo coidadosos e doces cos compañeir@s.

Esta semana felicitamos a Simón e Noelia


NORABOA A TOD@S!!!!

Compartimos a canción que estamos a escoitar nos bos días

ABRAZO DE OSO


xoves, 9 de maio de 2024

PROXECTO XOGOS OLÍMPICOS


Neste ano olímpico estamos a descubir moitas curiosidades sobre o significado dos xogos olímpicos, símbolos como os aneis, o facho, mascotas...


Facemos clasificación dos distintos deportes segundo a ferramenta que utilizan, se son de verán o inverno...



Dado o gran número de deportes que hai, eliximos un deporte por equipo e estamos a investigar como xógase, equipación, atletas...

Eleximos  os deportes sobre os que imos investigar




Tamén hai tempo para compartir novas que descubristes na casa sobre esta temática


Cada anel corresponde a un continente, de que cor son...



Elaboramos ao deportista do deporte elixido. 
Como vedes estamos a aprender moitas cousas. 
Ata a próxima😉






venres, 3 de maio de 2024

MELLORES DA SEMANA. XOGO CONVIVENCIA

O mes de MAIO adicámolo a traballar o valor de "Ser agarimos@s.
Hoxe levan o selo Mateo e Mauro por ter xestos agarimosos cos demais.
No recreo realizamos outro xogo de convivencia, pasa o balón
Preguntade aos peques ... Pasámolo pipa!!!

venres, 26 de abril de 2024

MELLORES DA SEMANA. SER AGRADECIDOS

Derradeiro selo deste mes, no que estivemos a poñer en práctica xestos e palabras de agradecemento.

Esta semana felicitamos a  Thiago e Ariadna  por ser os mellores desta semana.


NORABOA A TOD@S!!!!