venres, 5 de abril de 2024

OBRADOIRO. XOGAR SEN XOGUETES

Hoxe realizamos un obradoiro dentro do programa coñecer coruña, "Xogar sen xoguetes".

Puxemos en funcionamento o noso superpoder" a imaxinación". Con este superpoder podemos facer unha chea de xogos.

Convertímonos nunha tribu de indi@s e xogamos ao oso goloso. 

Pasámolo xenial. Preguntade aos peques, que os conten...é moi divertido😉

XOGO CONVIVENCIA. LIMBO

Hoxe xogamos ao Limbo. Tivemos que pasar por debaixo da corda, cada vez estaba mais abaixo...
Pasámolo pipa!

MELLORES DA SEMANA ABRIL. SER AGRADECIDOS


Comezamos abril, este mes o adicaremos a traballar o valor de "Ser agradecidos". 

Esta semana os nen@s que levan o selo son Lucas e Cayetana👏👏👏


NORABOA A TODO@S!!

Compartimos a canción que estamos a escoitar nos Bos días, TENEMOS TANTO...

venres, 22 de marzo de 2024

MELLORES DA SEMANA. PALABRAS DOCES

Derradeira semana de marzo. Os que mellor representaron o valor de palabras doces foron
Elsa e Lois
NORABOA!!!!

venres, 15 de marzo de 2024

XOGO CONVIVENCIA. CADA COELLO AO SEU TOBO


Hoxe fixemos recreo de convivencia. 

Convertémonos en coellos que pasean tranquilamente polo patio. Cando deixa de soar a música ¡cada coello ao seu tobo! tivemos que buscar un aro, meternos dentro e compartir o tobo con outros coellos.



Pasámolo xenial! Que divertido!!!

MELLORES DA SEMANA. PALABRAS DOCES

Felicitamos a Óliver e Noelia por ser os mellores en dicir palabras doces aos demais.

NORABOA A TOD@S!!!!