xoves, 6 de outubro de 2022

9 MESES 9 VALORES

 Presentámosvos o proxecto colexial da etapa de infantil: 9 MESES 9 VALORES. 

En setembo comezamos coa BENVIDA e agora é o turno do mes de outubro adicado a 

COIDAR ÁS PERSOAS


Dentro deste proxecto atópase O/A MELLOR DA SEMANA

Tendo en conta o valor do mes, cada semana as profes decidimos quen é merecedor ou 

merecedora do selo de SER O/A MELLOR da clase en representar o valor.

Para iso fixámonos en como tratamos ás persoas que nos rodean. 


Esta semana centrámonos nos e nas compis. 

¿Son capaz de solucionar os problemas falando?, ¿son agarimoso e agarimosa cos demáis?

Se alguén está triste, ¿pregúntolle qué lle pasa? 

Esta semana nas nosas clases o selo foi para:


¡¡VEGA E LUCA!!
NORABOA

luns, 3 de outubro de 2022

OS MAIORES DANNOS A BENVIDA

 


  Despois dos primeiros días de adaptación, pouco a pouco estamos coñecendo o resto do cole e ás profes e os compis de 4 e 5 

De entrar e ir directamente ás nosas clases, pasamos a subir un piso máis para compartir os Bos Días cos e coas nosas compis maiores.

Elas e eles decidiron darnos a benvida dunha maneira moi especial. A parte de presentarnos o lema deste curso: ABRINDO CAMIÑOS, preparáronnos unha sorpresa.

Cando subimos do recreo atopamos un camiño de pegadas que levaba ao patio cuberto.

Ao ritmo da canción "Abriendo caminos", recibíronnos con moita ilusión e regaláronnos unha lupa moi chula coa nosa foto e o lema do cole.

Esta lupa quere simbolizar a ilusón, a curiosidade, o descubrimento...tantas e tantas cousas que imos facer nesta nova etapa que comezamos.

 


MOITAS GRAZAS AOS NOSOS E AS NOSAS COMPIS POR COIDARNOS TANTO

venres, 30 de setembro de 2022

CLASE DE INGLÉS





 Esta semana comezamos coas clases de inglés. As teachers, Merce e Alejandra presentaronnos a Frogy e unhas cantas canciones moi divertidas







 Todos os martes pola tarde estaran con nós para seguir aprendendo e xogando 

CUMPLES DE SETEMBRO

¡¡ FELICIDADES !!

      Este mes de Setembro felicitamos a Emma, Sofía e Martina que cumpliron os 3 aniños

                                      Emma con Juan Bosco celebrando o seu cumple nos bos días

              Sofía, aínda que os cumpliu cando non había cole, celebrouno cos seus compis no patio.



venres, 23 de setembro de 2022

PRIMEIROS DIAS DE CLASE

 Despois do período de adaptación comezamos as rutinas de aula.  E case sen darnos conta xa pasaron dúas semanas


Nos Bos Días cos nosos compis de 4 e 5
Celebrando cumples e santos

 
E coñecendo a profes, salesianos e xente do cole





"Para salir y para entrar 
una fila hay que formar
unos delante y otros detrás 
y sin empujar"



RECUNCHOS DE AULA




















¡¡¡Estámolo facendo FENOMENAL!!!

xoves, 8 de setembro de 2022

COMEZO DE CURSO





 

UN ANO MÁIS, UN CURSO NOVO, AS PROFES DE INFANTIL DÁMOSVOS A BENVIDA 




De esquerda a dereita: María Vázquez, Maria José Fernández, Montse Rubio, Elena Álvarez,
 Alba Gómez e Clara Vecino


¡ESTE VAI SER UN CURSO XENIAL!