venres, 3 de maio de 2024

MELLORES DA SEMANA. XOGO CONVIVENCIA

O mes de MAIO adicámolo a traballar o valor de "Ser agarimos@s.
Hoxe levan o selo Mateo e Mauro por ter xestos agarimosos cos demais.
No recreo realizamos outro xogo de convivencia, pasa o balón
Preguntade aos peques ... Pasámolo pipa!!!

venres, 26 de abril de 2024

MELLORES DA SEMANA. SER AGRADECIDOS

Derradeiro selo deste mes, no que estivemos a poñer en práctica xestos e palabras de agradecemento.

Esta semana felicitamos a  Thiago e Ariadna  por ser os mellores desta semana.


NORABOA A TOD@S!!!!




mércores, 24 de abril de 2024

CÓNTAME UN CONTO. CONTACONTOS FAMILIAS.

Este ano para celebrar o día do libro, realizamos a actividade "Cóntame un conto..."na que convidamos @s  papás, mamás...a que veñan ao colexio a contar un conto.

Estabamos moi contentos esperando con ilusión este momento.

Foi todo un éxito!!!

Desde aquí querémosvos agradecer a vosa participación nesta actividade.

Moitas grazas por vir!!

Compartimos momentos vividos. 

O luns acompañáronnos...




O martes viñeron a contarnos contos... 




E o mércores contáronnos contos...




GOZAMOS MOITO COAS AVENTURAS E HISTORIAS QUE NOS CONTASTES!!

                                              

martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO

Comezamos a semana adicada a conmemorar o día do libro. 


Ao longo desta semana estivemos realizando distintas actividades que promoven a lectura.

Bibliopatio: carriño rodante para ler contos no patio durante os recreos

As familias están a contarnos contos e nas aulas estivemos aprendendo un poema baseado na lenda de San Jorge que xa tedes na casa.




                                                                                                             


                                                  A tradición de regalar unha rosa...



Propoñémosvos esta selección de contos para seguir desfrutando...

Gústamos moito este conto porque fala da autoestima, amistad, empatía, axuda...


Este conto é moi gracioso, un lobo (con problemas á hora de falar) busca desesperado 

algo que comer.


Interesante para aprender a xestionar os enfados


Divertido para traballar a diversidade.

Esperamos que disfrutedes!!!










venres, 19 de abril de 2024

XOGO DE CONVIVENCIA. XOGAMOS CON CHAPAS

Hoxe realizamos outro xogo de convivencia. Xogamos coas chapas. 
Quen chegará a meta...



Pasámolo pipa!!👏👏

MELLORES DA SEMANA

Seguimos a poñer en práctica xestos e palabras de agradecemento. 
Esta semana levan o selo Pablo e Adriana
NORABOA A TOD@S!