OLA, OLA...Xa estamos de volta
Comezamos un novo ano...mes de xaneiro, neste mes o valor que estamos a traballar nos bos días é "Estar alegres".
Temos moitos motivos para estar contentos, hoxe ao chegar ao cole de volta de vacacións, levamos unha gran sorpresa, os Reis Magos tamén pasaron polo cole e deixaronnos algunhas sorpresas...puxémonos moi contentos☺
.
Este mes de xaneiro e especial nos coles Salesianos,
temos moi presente a figura de Juan Bosco,
remataremos o mes celebrando a súa festa o día 31👏👏
Estades todos preparados para estar moi contentos? A alegría é como os abrazos, hai que compartila para gozala.
Pois moito ánimo a tod@s!
Compartimos a canción que estamos a escoitar nos bos días ALEGRÍA CONTAGIA A LOS DEMÁS
Desexámosvos todo o mellor para este ano!!