domingo, 3 de decembro de 2023

MELLORES DA SEMANA. COIDAMOS AS COUSAS

Chegamos a última semana de novembro, e con ela, damos a noraboa a Aitana e Thiago por ser os que mellor souberon coidar as nosas cousas.




NORABOA!!!!

luns, 27 de novembro de 2023

CUMPREANOS NOVEMBRO

Parabéns a todos os nenos e nenas que cumpriron 4 anos durante este mes, Vega, Adriana, Mateo, Alicia, Elsa e Isabella.






venres, 24 de novembro de 2023

SEMANA 20 N - DÍA MUNDIAL DA INFANCIA


Para celebrar o noso día dos dereitos e deberes, todos os nenos e nenas de infantil colaboramos na elaboración do noso mural, feito coas nosas mans, que poderedes ver desde a rúa.





Na aula 5ºB centrámonos no dereito de "Ser felices" e a obliga de "facer felices aos demais". 
Falamos de todas as cousas que fannos felices. O primeiro paso é un sorriso.



Na aula 5ºA falamos do "Dereito a divertirnos" e decidimos que onde mellor o pasamos é no parque, subindo, pero especialmente baixando polo tobogán. 


Como remate a esta semana especial realizamos un xogo de papel 

"Come cocos" co algún dos dereitos que traballamos nas aulas








Está a ser moi divertido!! 

Desfrutádeo!


RECREO DE CONVIVENCIA. POMBA BRANCA, POMBA NEGRA

Hoxe no recreo xogamos tod@s xuntos no patio a pomba branca, pomba negra.
Pasámolo pipa!

MELLORES DA SEMANA. COIDAMOS AS COUSAS

 Esta semana felicitamos a Sergio e Adriana 

por ser os mellores en representar o valor ao longo da semana


NORABOA A TOD@S!!!

venres, 17 de novembro de 2023

MADEMBA

Ola, ola!!!!👀

Son MADEMBA. Seguro que xa tod@s sabedes que son...claro, un peixe globo


Estamos a investigar como son.
Descubrimos que son diferente aos outros peixes que viven no óceano, cando estou en apuros ínflome como un...
Estamos a descubrir peixes de distintas cores, tamaños... Mirade que peixes fixemos de papel...



Estamos a facer un gran mural con todo o que imos descubrindo.


Acompañamos a MADEMBA na súa viaxe, puxémonos o traxe de buceo.



Mirade así son...


Esta aventura está a ser moi divertida. Seguiremos compartindo novas, permanecede atentos😉


MELLORES DA SEMANA. COIDAMOS AS COUSAS

Felicitamos a Oliver e Isabella por ser os que mellor coidaron as cousas
NORABOA A TOD@S!!!