venres, 17 de novembro de 2023

MADEMBA

Ola, ola!!!!👀

Son MADEMBA. Seguro que xa tod@s sabedes que son...claro, un peixe globo


Estamos a investigar como son.
Descubrimos que son diferente aos outros peixes que viven no óceano, cando estou en apuros ínflome como un...
Estamos a descubrir peixes de distintas cores, tamaños... Mirade que peixes fixemos de papel...



Estamos a facer un gran mural con todo o que imos descubrindo.


Acompañamos a MADEMBA na súa viaxe, puxémonos o traxe de buceo.



Mirade así son...


Esta aventura está a ser moi divertida. Seguiremos compartindo novas, permanecede atentos😉


MELLORES DA SEMANA. COIDAMOS AS COUSAS

Felicitamos a Oliver e Isabella por ser os que mellor coidaron as cousas
NORABOA A TOD@S!!!



venres, 10 de novembro de 2023

XOGO DE CONVIVENCIA. ESTATUAS

 Hoxe xogamos no recreo as estatuas. Cando pare a música que ninguén se mova...



Un intre moi divertido!!!

xoves, 9 de novembro de 2023

MELLORES DA SEMANA. SER COIDADOSOS COAS COUSAS

Felicitamos a Martina e Luca  por ser os que mellor representaron o valor de ser COIDADOSOS COAS COUSAS

NORABOA A TOD@S!!!

mércores, 8 de novembro de 2023

CONCURSO DE CABAZAS

Hoxe nos Bos días, coñecemos aos gañadores do concurso de cabazas.
Aquí están os premiados, Alex de 6ºA, Marcos de 4ºA e o noso compañeiro 
Simón de 5ºA.


MOITAS FELICIDADES A TOD@S!!

SEMANA DO SAMAÍN



Gústanvos as festas? A nós... siiiiiiiiiiiiiiii. 

Así que esta semana estivemos de noraboa, porque celebramos o

 SAMAÍN 👻

Empezamos o venres cunha pantasma feita de papel.


BUUUU!!!                     
                  



Seguimos o luns participando no concurso de cabazas
Graciñas pola vosa participación👏👏

Pola tarde empezamos os preparativos para elaborar un colar de macarrones que montaremos o venres.







Tamén preparamos a carteleira cos elementos do Samaín, coloreamos castañas, follas e fixemos pantasmas coa silueta da nosa man.




E o mércores... a gran festa de Samaín-Magosto solidario!!! cos nenos e nenas de 5º primaria e 1º bacharelato👏👏👏 

Contannos un conto, xogamos  e decoramos o brik👏👏





PASÁMOLO PIPA!!!!
DAMOS AS GRAZAS AOS COMPAÑEIR@S DE PRIMARIA E BACH 
POR AXUDARNOS E COMPARTIR CONNOSCO UN INTRE MOI DIVERTIDO💝